jueves, 4 de noviembre de 2010

Os veciños de A Lamosa preocupados polo novo corte do túnel de Folgoso

Os veciños da A Lamosa expresan este días a súa preocupación polo próximo peche do túnel de Folgoso da A52. Isto vai provocar outro caos circulatorio coma o acontecido no verán pasado cando se cortou 15 días en cada dirección.
A maior preocupación é o perigo sobre todo para os peatóns que obrigatoriamente teñen que cruzar a N120 para pasar do barrio de Currelos ou Paredes ó centro da parroquia.
A AA.VV. está a espera de que o Alcalde de O Covelo os reciba para tentar de buscar solucións a corto e medio plazo ante este feito.
Nestes momentos estamos a espera dunha resposta á solicitude de información feita pola AA.VV. á Delegación do Ministerio de Fomento en Pontevedra.

1 comentario:

  1. Hay tempo que a antiga N 120 tiña que haber pasado a titularidade municipal e non ser de Fomento. Pero se tes a titularidade hay que mantela, e pasta non hay. Po o tanto tanto na Lamosa como en Paraños seguiran a pasar os coches e motos a fuego. Ao ser de fomento nin pasos elevados case ningun paso de peatons...ou lle dades duro ou non vos faran nin caso

    Canibetiño

    ResponderEliminar