lunes, 15 de noviembre de 2010

Asamblea Xeral


Convocatoria de Asamblea Xeral da AA.VV. o sábado 27 de novembro co orde do día:

1.- Actualización do Listado de Socios ó día nas cuotas.

2.- Información sobre os peche dos túneles de Folgoso, e información sobre as medidas a tomar.

3.- Rogos e preguntas.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Magosto na Lamosa


A AA.VV. San Bartolomé de A Lamosa organiza un Magosto este sábado 13 de Novembro ás 18:30 na Casa Cultural.
Esperamos a máxima asistencia e colaboración.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Os veciños de A Lamosa preocupados polo novo corte do túnel de Folgoso

Os veciños da A Lamosa expresan este días a súa preocupación polo próximo peche do túnel de Folgoso da A52. Isto vai provocar outro caos circulatorio coma o acontecido no verán pasado cando se cortou 15 días en cada dirección.
A maior preocupación é o perigo sobre todo para os peatóns que obrigatoriamente teñen que cruzar a N120 para pasar do barrio de Currelos ou Paredes ó centro da parroquia.
A AA.VV. está a espera de que o Alcalde de O Covelo os reciba para tentar de buscar solucións a corto e medio plazo ante este feito.
Nestes momentos estamos a espera dunha resposta á solicitude de información feita pola AA.VV. á Delegación do Ministerio de Fomento en Pontevedra.