Os veciños da A Lamosa expresan este días a súa preocupación polo próximo peche do túnel de Folgoso da A52. Isto vai provocar outro caos circulatorio coma o acontecido no verán pasado cando se cortou 15 días en cada dirección.
A maior preocupación é o perigo sobre todo para os peatóns que obrigatoriamente teñen que cruzar a N120 para pasar do barrio de Currelos ou Paredes ó centro da parroquia.
A AA.VV. está a espera de que o Alcalde de O Covelo os reciba para tentar de buscar solucións a corto e medio plazo ante este feito.
Nestes momentos estamos a espera dunha resposta á solicitude de información feita pola AA.VV. á Delegación do Ministerio de Fomento en Pontevedra.