martes, 24 de mayo de 2011


Despóis da resaca das Eleccións, Festa Rachada.
A A.VV. convoca a todos os veciños a celebrar o San Xoán deste ano 2011 o sábado 25 de xuño as 8:30 na casa Cutural.
O menú será o tradicional desta data e os prezos os mesmos co ano pasado para os socios.

martes, 5 de abril de 2011

Arreglos das Arquetas na Lamosa

Comezaron os arreglos pendentes das arquetas na Lamosa.
Esta que aparece na foto corresponde á zoa do Regueiro que os veciños arreglaron o ano pasado co material suministrado polo Concello (tubos de 60 e formigón), e que axuda a canalizar os torrentes de auga que no inverno baixan da N120.
Queda por facer, do prometido pola alcaldía:
1.- A Fonte de Corzós (saneamento do nacente con anéis de sondeo e tapa).
2.- O paso de subida Ó Coto de Paredes (unha rexilla no rego de chuvia) e
3.- Catro arquetas máis en Currelos que levan a auga para os regantes e pluviais da rúa.

viernes, 25 de febrero de 2011


A A.VV. convoca ós veciños da Lamosa a celebrar o Entroido no local Cultural o sábado día 5 de Marzo as 7 da tarde.
Recoméndase asistir disfrazado.

lunes, 15 de noviembre de 2010

Asamblea Xeral


Convocatoria de Asamblea Xeral da AA.VV. o sábado 27 de novembro co orde do día:

1.- Actualización do Listado de Socios ó día nas cuotas.

2.- Información sobre os peche dos túneles de Folgoso, e información sobre as medidas a tomar.

3.- Rogos e preguntas.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Magosto na Lamosa


A AA.VV. San Bartolomé de A Lamosa organiza un Magosto este sábado 13 de Novembro ás 18:30 na Casa Cultural.
Esperamos a máxima asistencia e colaboración.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Os veciños de A Lamosa preocupados polo novo corte do túnel de Folgoso

Os veciños da A Lamosa expresan este días a súa preocupación polo próximo peche do túnel de Folgoso da A52. Isto vai provocar outro caos circulatorio coma o acontecido no verán pasado cando se cortou 15 días en cada dirección.
A maior preocupación é o perigo sobre todo para os peatóns que obrigatoriamente teñen que cruzar a N120 para pasar do barrio de Currelos ou Paredes ó centro da parroquia.
A AA.VV. está a espera de que o Alcalde de O Covelo os reciba para tentar de buscar solucións a corto e medio plazo ante este feito.
Nestes momentos estamos a espera dunha resposta á solicitude de información feita pola AA.VV. á Delegación do Ministerio de Fomento en Pontevedra.

jueves, 26 de agosto de 2010

Recordo para o Garda Civil Miguel Jorge Piñeiro


Despois do luctuoso feito da semana pasada ocorrido na Cañiza, e co resultado da morte do garda civil Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo, acordouse non facer celebración na Xornada de portas abertas da Casa Cultural da Lamosa. Dende aquí enviamos un sentido pésame para a súa familia e amigos.


lunes, 16 de agosto de 2010

martes, 10 de agosto de 2010

Inauguración da Casa da Cultura de A Lamosa

O Próximo sábado día 21 de agosto está previsto a inauguración da Casa da Cultura da nosa parroquia.
Cando teñamos máis información sobre a hora e tipo de acto, o publicaremos nesta páxina.